Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Galaxia publica o novo libro de Domingo Villar

CULTURA. Neste mes publicarase desde a editorial galega Galaxia o libro Algúns contos completos, o novo volume Domingo Villar, acompañado dos linogravados de Carlos Baonza Trala saída de O último barco (2019), que puxo o ramo á triloxía do inspector Leo Caldas, dous anos despois, Algúns contos completos desvelará unha faceta sorprendente do aplaudido autor de novela negra.

Esta obra reúne unha selección de relatos que o autor foi producindo ao longo dos anos. Uns foron recollidos en diarios ou lidos en público, outros son inéditos, pero todos estaban contemplados como narracións orais que Villar “reservaba para encontros familiares sen outra intención que celebrar a risa compartida e a amizade” sinala a nota de prensa. Unha aposta diferente á que o autor tennos acostumados. A edición en castelán correrá a cargo da editorial Siruela.

E na colección Costa Oeste, verá a luz o novo libro de Francisco Castro, O cemiterio de barcos. Unha novela de aventuras e misterio que atrapá ás lectores e lectores de todas as idadese que sae nas catro linguas oficias do Estado. Despois de Tantos anos de silencio (2020), Castro aposta por un novo título “que defende valores constantes na súa escrita como o amor, a amizade e a conciencia política; unha historia dun amor de verán entre dous rapaces deriva na descuberta dun segredo soterrado na vila. ECG

02 sep 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.