Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galicia, berce de grandes artistas internacionais

    Galicia, berce de grandes artistas internacionais

    Filla dun importante republicano Casares tivo que fuxir da súa terra natal logo do golpe de 1936 - seu pai era Santiago Casares Quiroga- sendo ben pequena. Emigra ao país veciño á temperá idade de 14 anos, e vive o que quedaba da súa mocidade nunha cidade tan chea de posibilidades e novas experiencias como era o París dese momento.

    Casares, que adoptou a forma máis francesa do seu nome -Maria Casarès- axiña se converte nunha das actrices máis prolíficas e cotizadas do século XX do país galo. Tanto en cine coma en teatro, esta galega foi unha figura icónica no sector pola súa beleza, pero sobre todo polas súas inigualables dotes de interpretación.

    Non regresa a España ata despois da morte do ditador, e faino sópara a rodaxe dunha película en Madrid no ano 1976. Se ben a súa chegada xerou moita expectación entre a poboación, o uso mediático do nome do seu pai non contribúen a que reenamore do país, e volta só unha vez antes da súa morte.

    Galicia, berce de grandes artistas internacionais

    Unha das máis grandes da Belle Époque de París, é, á vez, unha das figuras máis misteriosas e fascinantes da Galiza de finais do século XIX. Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias nacía aló polo 1868 en Ponte Valga, aínda que daquela ninguén sabía que sería a Bella Otero. Logo de sufrir unha brutal agresión sexual tendo tan só 11 anos, só se sabe que apareceu como bailarina en Barcelona e construiu o relato dunha vida apaisonante, da que todo o mundo se fixo eco.

    A xa rebautizada como Bella Otero recorreu os escenarios de todo o mundo cos seus bailes e protagonizou obras de teatro e musicais cos máis respectados actores do momento. Con todo moitas veces da que foi a primeira artista española recoñecida internacionalmente só se comentan os seus amoríos, dos homes máis importantes do momento, e a súa sexualidade. Unha muller que deixou o pouco que lle quedaba- tiña un problema co xogo- ás persoas menos favorecidas de Valga.

    Galicia, berce de grandes artistas internacionais

    No lugar de Paradela nacía un 1 de outubro aló polo ano 1842 a que sería unha das máis recoñecidas actrices do noso país veciño, Portugal. Segundo aparece no libro Manuela Lopez Rey, que narra parte da súa vida -ou do que se sabe dela- semella que cando non era máis que unha cativa de apenas cinco anos de idade, María Manuela Ramona Rey González sería dada en adopción a unha compañía dramática itinerante que a levaría a Lisboa, se ben non é doado dilucidar entre a fantasía e a realidade debido á falta de información contrastada.

    O que sen dúbida é innegable é que, dende que Manuela comezou a actuar con só 14 anos - no Teatro do Salitre o 8 de decembro de 1856- o público foi quen de ver nela un ‘aquel’ especial. Dende entón, representaría numerorsas obras de teatro, triunfando en títulos como O filho do cego, A alegria traz o susto ou Os homens sérios,unha prolífica carreira que se viu truncada pola súa morte temperá, en 1866, de tifo.

    Galicia, berce de grandes artistas internacionais

    A pioneira do cine mudo de arxentina , como algúns a consideran, naceu un 1 de maio no municipio coruñés de Porto do Son, aló polo ano 1898. Trátase de Lidia Encarnación Avilés, de cuxa vida sabemos hoxe en día máis ben pouco, aínda que se cree que emigrou ao país arxentino.

    Especialmente coñecida polos seus papeis en Buenos Aires, ciudad de ensueño (1922), Palomas rubias (1920) e De vuelta al pago (1919), esta muller cun dos especial para a acutación debutou no ano 1919 co filme Campo Ajuera, sen ningún tipo de experiencia previa nesta industria. O director da película, José Agustín Ferreryera - considerado un dos pioneiros no cine arxentino, cunha prolífica filmografía nos primeiros anos desta industria no país- traballaría dende entón con ela en numerosas ocasións, ata o ano 1925, momento no que romperían o seu romance. Aquí comeza o declive da prolífica carreira desta muller, que pouco a pouco foi desaparecendo da escea artística ata a súa morte, no 1976.

    18 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito