Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galiciencia centrarase na COVID nunha edición que volverá ser telemática

A feira científica celebrarase do 26 ao 28 de maio //Haberá un premio especial para o mellor proxecto liderado por unha rapaza

O Parque Tecnolóxico de Galicia –Tecnópole– promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN); e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt).

No marco do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, presentou onte a nova edición de Galiciencia, que, por segundo ano consecutivo, será online debido ás restricións provocadas pola actual situación sanitaria.

Esta circunstancia permite ampliala a todo o ámbito nacional, podendo chegar así a máis rapaces e rapazas interesados na ciencia, a innovación e a tecnoloxía. Esta 16ª edición celebrarase os días 26, 27 e 28 de maio, coa temática A Innovación Pos-COVID a través da Revolución do Talento.

Durante a presentación, o conselleiro sinalou que “Galiciencia é talento, enxeño e creatividade”. E fixo fincapé na “ilusión que todos os anos amosan os rapaces e rapaces que participan na principal feria científica de Galicia”. “Hoxe, no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, temos a oportunidade perfecta para reivindicar que en Galicia a ciencia ten futuro e, sobre todo, a ciencia ten nome de muller”, salientou o vicepresidente.

Na procura da igualdade de xénero. Unha das principais novidades da Galiciencia online 2021, en consonancia coa actividade de Tecnópole de promoción do STEM feminino, é que haberá un premio especial para o mellor proxecto liderado por unha rapaza. O obxectivo desta iniciativa é contribuír á igualdade de xénero na contorna da I+D+i desde a etapa educativa, promovendo a participación e o liderado femininos nos proxectos científicos e tecnolóxicos.

En canto á participación feminina nas diferentes edicións de Galiciencia, no relativo á elaboración e presentación de proxectos, os datos amosan unha tendencia á alza. Nos últimos tres anos obsérvase que a participación feminina supera á masculina, chegando a acadar o 60 %.

Toda a información estará proximamente dispoñible na páxina web de Galiciencia para que @s rapaces poidan ir enviando os seus proxectos: www.galiciencia.online.

datos
Récord de participación

··· Na pasada edición de Galiciencia acudiron máis de 4.000 estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato de toda España. E tamén se incrementou o número de equipos participantes na feira a través da presentación de proxectos innovadores, que superaron o centenar de propostas.

··· Equipos de Secundaria, Bacharelato e FP competiron polo premio final do certame e fóra de competición tamén participaron estudantes de Primaria e Educación Especial. De Secundaria seleccionáronse un total de 60 proxectos.

12 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.