Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Grupo Cuevas y Martín Códax, premiados pola súa publicidade en galego

O Parlamento de Galicia acolleou a entrega dos galardóns de marketing

O Parlamento de Galicia acolleu o acto de entrega dos XXVII Premios de Publicidade en Galego, convocados en conxunto polo Foro Enrique Peinador, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a propia Cámara galega. Estas entidades son as responsables de garantir a continuidade do certame após a disolución do Consello Asesor da RTVE en Galicia, impulsor orixinal da iniciativa.

A presente edición contou coa 22 traballos nas cinco categorías de publicidade en prensa, radio, TV, Internet ou centro educativo. A candidatura premiada na categoría de prensa escrita foi o anuncio Fillo do Atlántico das adegas Martín Códax e producido por &Rosás, pola “calidade artística e lingüística” e por “ilustrar e visibilizar o compromiso firme de responsabilidade social coa lingua galega”. Na modalidade de radio o traballo galardoado foi H2ohhh!!!, produción de Ecovigo Publicidad para Aqualia, por “asociar a lingua galega ao desenvolvemento sustentable e aos valores positivos”.

Nos spots televisivos o certame destacou a peza Non é tabú, é a vida. Falamos?, ideada por 100x100 Creatividade + Comunicación para o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O xurado estimou a “excelencia lingüística e orixinalidade técnica” da creación. No ámbito da Internet a Comisión de Valoración quixo distinguir a campaña dixital Gústame ir ao súper, elaborada pola axencia Neozink para o Grupo Cuevas, debido á súa “imaxe de normalidade, coherencia e compromiso no emprego do idioma”. E na categoría de centros de ensino o premiado foi o IES Leixa (Centro Estrela PluriFP) de Ferrol, polo anuncio Somos 60% auga dada a súa “orixinalidade técnica e lingüística”. Por último, o xurado decidiu outorgar unha mención honorífica ao Almanaque Agrícola ZZ, “pola promoción do uso da lingua galega e máis o seu uso continuado na comunicación e difusión publicitarias”.

23 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.