Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe á catedrática de estadística Cadarso Suárez

Santiago. O reitor Antonio López presidirá o xoves 19 de xaneiro o acto de homenaxe á catedrática Carmen Cadarso Suárez. O evento arrancará ás 15.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, nunha sesión inaugural que contará coas intervencións de Guadalupe Gómez Melis, da Universitat Pompeu Fabra e representante de Biostatnet; Julián Álvarez Escudero, decano da Facultade de Medicina; Rosa María Crujieiras Casais, directora do CITMaga; David Conesa, integrantes da Universitat de Valencia e coordinador de Biostatnet.

A seguir, sucederanse diversas conferencias que explorarán a traxectoria de Carmen Cadarso, primeiramente en Biostatnet, coas intervencións de Guadalupe Gómez Melis (UPC) e Ana Bouzas Lorenzo (USC); despois na contorna investigadora europea, con Bruno de Sousa (Universidade de Coímbra), Thomas Kneib (Universidade de Gottingen) e Christel Faes (Univerisade de Hasselt). O acto afondará na relación de Cadarso Suárez co alumnado de doutoramento, nunha sesión coa participación de Javier Roca (Universidade de Vigo), Luís Filipe Meira Macha-
do (Universidade do Minho), Mar Rodríguez Girondo (LUCM), Elisa Duarte (OCDE) e Óscar Lado Baleato IDIS); e nos seus traballos no cambio da Biomedicina, con Francisco Gude Sampedro (IDIS). Finalmente, David Conesa Guillén oficiará a clausura do evento, que pechará con música coral. Redac.

19 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito