Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe a Pardo Bazán nos encontros de Filosofía da USC

Marcelino Agís, anfitrión dunha cita que se centra en ‘Pensar o mundo despois da pandemia’

Santiago. Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago centran a súa décimo sexta edición en Pensar o mundo despois da pandemia, alén de concibirse como unha homenaxe á escritora galega Emilia Pardo

Bazán. Dende este xoves e ata este sábado, o foro desenvólvese en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía da USC e baixo a organización da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.

O reitor da USC, Antonio López, inaugurou estes encontros nun acto institucional, no que tamén toman parte o decano do centro Marcelino Agís, Javier Barcia González, presidente da SIFA, e Alba Iglesias Varela, presidenta da Sociedade Galega de Estudos Nipóns.

As intervencións están programadas arredor dunha serie de paneis temáticos dedicados a cuestións como Coidar o ser, Visión oriental, E posibleoutro mundo? ou Pensar o mundo en feminino: Emilia Pardo Bazán cen anos despois.

As conferencias correrán da man de especialistas procedentes de universidades de Europa e Asia, entre outras, que explorarán os efectos da pandemia na identidade, na dimensión afectiva e a alteridade; o tratamento do coidado na era dixital, a conciencia relixiosa, a perspectiva do corpo seguro ou a concepción da nova normalidade e a homo postpandemia.

Ademais, está prevista a inauguración da exposición de pintura titulada Crónica da pandemia, do pintor Anto Chozas, así como o acto de entrega da terceira edición do premio Sapientia.

A programación de actividades do Encontro complétana a presentación dos libros

Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la interpretación, La luz entre las tinieblas: Agustín de Hipona y Tomás de Aquino, Caminos del pensamiento japonés e Filosofía e utopía.

Tamén está prevista unha homenaxe póstuma a Megumi Shiozawa. redacción

19 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.