Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe a Xavier Bermúdez no festival de cine inclusivo, en Vigo

Foi o primeiro en rodar cun actor protagonista con síndrome de down; a cita é o 12 de outubro

Santiago. O Festival de Cine Inclusivo de Vigo arrancará a súa programación o vindeiro 12 de outubro cunha retrospectiva de Xavier Bermúdez, ao que o festival quere homenaxear por ser o primeiro director español en rodar un filme cun actor protagonista con síndrome de down. Durante o primeiro día de festival proxectaranse os filmes León y Olvido (2004) e Olvido y León (2020) e Bermúdez recollerá este premio honorífico das mans de Marta Larralde, actriz protagonista en ambos filmes.

Olvido y León, estreada a comezos deste ano segue o rastro dos protagonistas de León e Olvido. Quince anos máis tarde Olvido acepta que os seus problemas non están relacionados coa relación que mantén co seu irmán xemelgo, León, que ten síndrome de down. O que realmente lle ocorre é que está baixo a influencia de poderes que non coñece e que tecen ao seu redor unha cárcere de insatisfacción persoal. Este ano o festival, que practicamente coincide en datas co Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro) está dedicado á esta temática, que tamén aparece reflectida neste filme ao amosar que o que realmente está sufrindo Olvido é un episodio de depresión.

Ambos filmes están protagonizados pola actriz viguesa Marta Larralde e Guillem Jiménez, quen faleceu recentemente. Este festival naceu co obxectivo de valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión e Bermúdez foi un pioneiro nesta materia.

O festival que se celebrará do 12 ao 16 de outubro no Auditorio do Concello, o Museo Marco e o cine Salesianos, terá como cada ano cunha sección de curtas audioescritas e subtituladas para que persoas con discapacidade auditiva ou visual poidan gozar do sétimo art nesta cita. ECG

22 sep 2021 / 20:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito