Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 julio 2020
14:19
h

Homenaxe ao intelectual Díaz Pardo polos cen anos do seu nacemento

O colectivo Alento Esbravexo puxo en marcha un proxecto creativo para dar forma a conmemoración desta data especial

Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento do intelectual galegista Isaac Díaz Pardo, polo que o grupo Alento Esbravexo, formado por un grupo de persoas da sociedade civil, queren conmemorar e homenaxear a este persoeiro do mundo da cultura galega.

Según este grupo, Díaz Pardo foi un expoñente representativo da cidadanía activa sempre en disposición de botar a andar, cando foi necesario. Por eso, convocánse ao redor desta figura que representa en moitos aspectos (arte, artesanía, edición, empresas culturais e investigación a prol de fortalecer e recuperar a memoria) unha boa parte do século XX galego, e poñen en marcha esta tarefa colectiva de recoñecemento a este insigne artista.

Para elo, propoñen a todo aquel que queira participar, que se inspire en algo relacionado con Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza cerámica, etc.). Tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc.

Con todo o material recibido tentarán facer algo, virtual ou non, dependendo de se esta situación vírica mellora ou non, pode ser un libro, unha exposición ou outra manifestación artística. A data de entrega límite das ideas e proxectos será o vindeiro 13 de agosto. Para quen precise máis información ou queira participar, o colectivo dispón do correo electrónico:

alentoesbravexo@gmail.com

29 jun 2020 / 21:34
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito