Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 26 febrero 2021
11:39
h

Hoxe, el Combo Dominicano e Nuria Fergó, en ‘Bamboleo’

Xosé Manuel Piñeiro, presentador deste espazo de Televisión de Galicia, conta tamén con Salomé Varela e Juanma Freiría

A festa regresa esta noite á Televisión de Galicia (TVG) con Bamboleo. Xosé Manuel Piñeiro recibirá hoxe unha das participantes máis queridas da primeira edición dun prestixioso talent musical: Nuria Fergó. A andaluza visita o plató de Bamboleo para presentar un adianto do seu novo álbum, un tema moi especial no que comparte unha historia persoal e que leva por título Quererme solo yo.

Ademais interpretará outros éxitos. Os colaboradores do programa: Tamara e Claudio, farán das súas cos xogos que teñen preparados para a cantante e Isi compartirá co público as súas singulares e divertidas historias.

Bamboleo contará tamén coa presenza de Javi Mota, cantante que triunfou na verbena galega e que actualmente arrasa coa súa carreira en solitario como cantante, bailarín, actor e modelo. Hoxe vén a Bamboleo para presentar El despertar, un tema composto polo propio artista.

Unha das orquestras con máis éxito na verbena galega, el Combo Dominicano, estará esta noite no Bamboleo para animar o espectáculo co seu swing e interpretar unha variada selección de temas. Ademais, a emblemática compañía de baile Nova Galega de Danza presentará o seu novo espectáculo Leira e compartirán cos espectadores algunhas das súas vivencias polo mundo adiante.

Na sección chamada Agora ou Nunca os participantes desta noite: Salomé Varela e Juanma Freiría interpretarán os éxitos Tough Love de Etta James e Me gusta todo de ti de Noche de Brujas.

Os representantes dos clubs deportivos de Patinaxe Artística Omega de Ames e o club Taekwondo ITF Coirós enfrontaranse no karaoke de A Jrileira co tema Te vas de Américo e adiviñando intérpretes. E na ITV do Amor un concursante do público xogará contra Fani e tres posibles mozos para adiviñar cal dos tres é súa parella.

BUEU. E, por outra banda, tamén na TVG hoxe, as reporteiras do programa estarán en Bueu, realizando en directo body-painting, a maquillaxe estrela que se pode imitar desde a casa para ir preparando a celebración virtual do Entroido; en Pontevedra, estarán o panadeiro Dani Pampín, o rei da masa, e o mellor reposteiro cando se trata de facer panettone, e axudarán a combater a costa de xaneiro ,cunha idea desde Vilalba.

En representación da verbena galega, tamén nesta nova entrega de Que nos pille rebolando! contarán hoxe coa música do Dúo Urakán, integrado por David Seara e Leo García da orquestra Finisterre, e José Manuel Domínguez da desaparecida orquestra Abanico. Tamén presentarán novos temas Ángel Sevilla e DJ Federato, actuará a nova promesa da música tradicional galega, Joel Padín, con tan só 15 anos, e se estreará en televisión Montse Aguieira cunha versión producida por Kiko Bea, gañador da Canción do Nadal 2020.

E este formato tamén inaugura a súa terraza de inverno, pois nunca tanto os galegos e galegas aproveitaron as terrazas durante estes meses fríos.

23 ene 2021 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.