Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Hoxe escóllese ó protagonista do Día das Letras Galegas

A RAG reúnese para decidir entre Florencio Delgado, Anxel Casal
e Lorca e Fiz Vergara

Santiago. O Pleno da Real Academia Galega hoxe quen protagonizará o Día das Letras Galegas 2022. Será nunha sesión ordinaria na que se someterán a votación as tres candidaturas presentadas por membros de número da institución: a de Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, Estados Unidos, 1987), escritor, editor literario e activista político e cultural fundamental do exilio galego en México; a de Fiz Vergara Vilariño (Samos, 1952 – Lugo, 1997), poeta singular, narrador e dramaturgo; e a protagonizada por Ánxel Casal Gosende (A Coruña, 1895 – Teo, 1936), fundador da Editorial Nós, xunto ao poeta granadino Federico García Lorca (1898-1936), autor dos Seis poemas galegos publicados no devandito selo.

Así , segundo se estipula no Réxime Interno, o plenario debe elixir a personalidade literaria a quen se lle dedicará esta conmemoración no ano vindeiro. A normativa indica que esta debe ser “autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe”. É ademais requisito indispensable que pasasen dez anos desde a súa morte e que a candidatura estea avalada cando menos por tres académicos de número 2022. ECG

01 jul 2021 / 18:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
RAG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.