Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Identifican o consumo de leite na Europa prehistórica a través de olas

das actividades culinarias en recipientes usados polas sociedades de hai 7.500 anos

Analizouse cerámica da Cova Eirós

Santiago. A USC participa nesta investigación internacional sobre prácticas culinarias de sociedades prehistóricas que revela que o consumo de lácteos entre as primeiras poboacións campesiñas de Europa era moi desigual. A colaboración cos membros do GEPN- AAT e IPHES/ URV permitiu incluír entre os recipientes analizados a cerámica cardial descuberta en Cova Eirós (Triacastela, Lugo, Galicia). A análise dos lípidos aí contidos mostra que foi utilizada para o procesado de vexetais e carnes de ruminante. Este dato permite achegarnos aos costumes alimentarios das primeiras sociedades agricultoras e gandeiras da costa atlántica.

Cova Eirós é oxacemento arqueolóxico máis importante de Galicia. Os homes neandertales e despois os humanos modernos deixaron nesta cova de Triacastela numerosas rastros que permiten reconstruír os seus respectivos modos de vida. ECG

Os resultados dunha nova investigación revelan que o consumo dos lácteos en Europa era moi desigual entre as primeiras poboacións campesiñas. Un equipo de investigación internacional, liderado pola investigadora Miriam Cubas ( Universidade de York-Universidade de Oviedo), e no que participou a USC, conseguiu recuperar residuos das actividades culinarias nas olas usadas polas sociedades prehistóricas de hai 7.500-5.500 anos. Os resultados foron publicados na revista Nature Communications.

A análise química dos restos de graxas de animais, cera das plantas, aceites de peixe e resinas preservados nas cerámicas prehistóricas permitiu ao equipo da doctora Cubas explorar os distintos usos destes recipientes por parte das comunidades neolíticas. Os resultados reflicten unha gran variación no uso das cerámicas entre estas comunidades. Entre os recursos identificados, destacan os produtos lácteos cuxa presenza se incrementa cara á zona norte de Europa, a rexión atlántica francesa e as Illas Británicas. Os autores conclúen que estas diferenzas poden estar relacionadas coas diferentes actividades gandeiras, cunha maior presenza do gando vacún no norte e unha gandería centrada nas ovellas e as cabras no sur de Europa. Na península Ibérica, estas prácticas culinarias reflicten unha importancia dos recursos cárnicos procedentes dos animais domésticos.

Trátase dunha das comparacións rexionais máis amplas que se publicaron ata o momento sobre o uso da cerámica durante a época Prehistoria. Un dos achados máis sorprendentes é a ausencia de alimentos mariños nas cerámicas documentadas, mesmo, en xacementos arqueolóxicos situados en zonas de costa, onde estes recursos alimenticios están dispoñibles. Unha excepción é a zona do Báltico onde tanto os recursos lácteos como os alimentos de procedencia mariña foron preparados na cerámica.

“O noso estudo ofrece unha ampla comparación rexional sobre o uso da cerámica durante a Prehistoria. Estos resultados contribúen a obter máis información sobre como viviron os grupos humanos durante este proceso de cambio tan transcendental que supuxo a introdución da gandería e a agricultura”, afirmou Miriam Cubas, autora principal do estudo.

28 abr 2020 / 10:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito