Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Inaugurada no Marcos Valcárcel a mostra ‘+Oito’

recuperación de obras O Centro Cultural Marcos Valcárcel amosa ata o próximo 26 de setembro a exposición colectiva +OITO, que recolle o resultado da restauración de oito lenzos propiedade da Deputación de Ourense, que presentaban graves problemas de deterioro.

O proceso durou máis de doce anos e foi realizado pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, que puxo en valor estas obras singulares, de gran valor artístico e patrimonial, algunha delas con máis de cen anos de historia.

Entre as pinturas recuperadas compre salientar dous retratos realizados por Román Navarro G. Vinuesa ao Bispo Cesáreo e a Juan XXIII, xunto cun retrato de José Calvo Sotelo, realizado por Jesús Soria.

Ademais da exposición destes oito lenzos, algúns de gran formato, conta coa proxección dun vídeo co estado orixinal dos cadros e o resultado tras o laborioso proceso de restauración.

O vicepresidente da Deputación, César Fernández, quen visitou a mostra co asesor de Cultura, Aurelio Gómez Villar, e o director do Marcos Valcárcel, Francisco González, dixo que a recuperación destas pezas “é un exemplo de colaboración institucional, neste caso entre a deputación e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dependente da Xunta”. ecg

07 sep 2021 / 16:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.