Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Incrementan nun 31 % os usuarios de ‘Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia’

Ademáis, a plataforma conseguiu integrar este ano uns 54 arquivos de diversa titularidade

Santiago. O director xeral de Cultura Anxo Lorenzo, presentou onte en rolda de prensa o libro Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia e o novo proxecto en liña Memoria e Concordia, dúas iniciativas para achegar á cidadanía o patrimonio documental galego.

O representante da Xunta destacou a importancia da dixitalización dos arquivos “para garantir a pervivencia desta información ao longo do tempo, así como para permitir que todas as persoas poidan acceder á consulta destes documentos desde calquera lugar e en calquera momento”, sinalou.

A publicación Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia debulla os usos e función da plataforma do mesmo nome. A publicación recolle, polo tanto, o traballo realizado polo persoal de arquivos da Xunta para a dixitalización destes fondos, que abranguen toda clase de documentos (textuais, cartográficos, iconográficos ou audiovisuais) que, con independencia da súa antigüidade, teñan un especial interese polo seu valor informativo e histórico.

Cómpre lembrar que a plataforma Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia permite a consulta a través dun punto único dos fondos documentais custodiados en distintos centros que forman parte do Sistema de Arquivos de Galicia. A través do portal dáse acceso non só á información contida nos documentos, senón tamén, en moitos casos, as súas imaxes.

54 arquivos integrados. Nos últimos anos a plataforma experimentou un crecente interese, de tal forma que só no ano 2022 o número de consultas está a medrar nun 31% ata acadar os 187.285 usuarios. Actualmente hai integrados 54 arquivos de diversa titularidade, tanto pública como privada. Este ano incrementouse nun 60% a achega de dixitalizacións. XG

08 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito