Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Inicia o CDG as audicións de oitenta aspirantes

Santiago. O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, arrincou este luns coa audición a oitenta aspirantes a segunda fase do proceso de selección de 22 actrices e actores para as súas dúas novas producións propias.

As probas desenvólvense ata o xoves no Salón Teatro de Santiago e delas sairán os elencos definitivos para a adaptación de A peste, de Albert Camus, con Cándido Pazó como director, e para Ás oito da tarde cando morren as nais, dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez.

O proceso comezou o pasado mes de xullo cunha primeira fase de valoración dos perfís profesionais, á que concorreron máis de 330 persoas. As 80 que superaron esta primeira selección enfróntase agora distribuídas en partes iguais ás probas de interpretación para os personaxes das pezas, optando nalgúns casos a varios roles.

No caso de A peste, contrataranse quince intérpretes, tres coa categoría de protagonistas e doce como principais, mentres que para Ás 8 da tarde cando morren as nais se contratarán sete, un deles como protagonista e os restantes como principais.

A duración dos contratos será de tres meses e medio, distribuídos entre a segunda metade deste ano, desde a data de comezo dos ensaios, e a fin da exhibición, no primeiro semestre de 2022. redacción

27 sep 2021 / 17:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.