Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Kiko da Silva sortea entre os lectores de EL CORREO exemplares dedicados do seu libro `A Silveira´

O debuxante quere celebrar deste xeito os seus dous anos publicando viñetas no xornal da capital de Galicia

Os lectores de EL CORREO GALLEGO están de noraboa. O pasado 25 de xullo cumpríronse dous anos da publicación diaria da viñeta A Silveira, de Kiko da Silva, nas páxinas do xornal da capital de Galicia. Para celebrar este aniversario, o debuxante decidiu sortear 10 exemplares dedicados do seu libro “A Silveira”, no que recompila as mellores viñetas publicadas no diario durante este tempo, entre os seguidores de EL CORREO en Facebook e Twitter.

O libro, que sairá á venda esta semana coincidindo coa celebración na Coruña do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, no que participa Kiko da Silva, está editado por Retranca. Preséntase nun coidado formato de 22 x 22 cm con 384 páxinas a toda cor, encadernado en capa dura con acabados en UVI. Nel podemos atopar prólogos de Miguelanxo Prado e Xaquín Marín, xunto cun making of de como elabora as súas viñetas diarias Kiko da Silva.

Facerse cun dos exemplares dedicados é moi sinxelo. O que deben facer os lectores é compartir no post do sorteo publicado en Facebook e Twitter, a viñeta que máis lles guste das publicadas por Kiko da Silva en EL CORREO, etiquetando a Kiko da Silva e a El Correo Gallego, e poñendo o hashtag #ASilveira2. O sorteo permanecerá activo entre o luns 9 de agosto e o domingo 15 de agosto de 2021. O martes 17 de agosto daranse a coñecer os nomes dos gañadores. Sortearanse 5 libros entre aqueles que participen a través de Facebook e outros 5 entre os que o fagan desde Twitter.

09 ago 2021 / 12:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.