Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘La casa de la Troya’, en la G2

ESTRENO A segunda canle de Televisión de Galicia (G2) estrea hoxe (23.35 horas) o documental A Compostela de La casa de la Troya, un formato de media hora de duración, sobre o mundo troyano, dirixido por Aser Álvarez e Benigno Amor, filmado por Nacho Santás e no que actúan Suso Martínez e Jaime Amor. Trátase dunha viaxe aos tempos de la Casa de la Troya, cunha ficción na que Manolito Casás, personaxe da novela, se lle aparece a un neno na Casa de la Troya e o leva a facer un percorrido polas rúas de Compostela e lembrar os seus anos de universitario. Este relato amósase mesturado con intervencións de persoas como Xerardo Estévez, Darío Villanueva, Encarna Otero, José María Fonseca, Anxo Angueira, Suso Couceiro e Waldo Caamaño, coprotagonistas dunha aposta cultural por un dos recunchos senlleiros das rúas da capital galega. redacción

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.