Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Land Rober Tunai Show’ recibe hoxe ao cómico Xurxo Carreño

Ademais, público e audiencia asistirán a unha cea de empresa un tanto peculiar // Tamén visitará o programa o actor Antonio Garrido

Land Rober Tunai Show recibirá este xoves a visita do cómico Xurxo Carreño. Triunfa nas redes, pero chega ao programa da TVG para descubrir o seu público en O que máis!. Ao show unirase tamén un andaluz case galego, o actor Antonio Garrido.

Como cada semana, o Land Rober Tunai Show palpará a actualidade desde a ficción máis falcatrueira e disparatada. Nesta ocasión, público e audiencia asistirán a unha cea de empresa un tanto peculiar. Todo isto, e moito máis, con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo, esta noite a partir das 22.00 h na Televisión de Galicia.

‘A REVISTA’. O programa A Revista contará na xornada de hoxe no estudio co doutor Juan Sánchez Castro, director do Centro de Saúde da Estrada. Este ambulatorio foi recoñecido por sexta vez como o mellor do país nos galardóns Best in Class.

Tamén visitará o programa Jorge Carballido, psicólogo técnico UMAD. Neste caso, conversará coa presentadora Loly Gómez sobre tabaquismo e consumo terapéutico de cánnabis. Nova Zelandia vén de prohibir fumar aos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2009, mentres a ximnasta Gemma Mengual inaugurou en Cataluña o proxecto Cannabity Healthcare.

O espazo da canle pública tamén se ocupará do caso de Elías Vázquez Vázquez. Asegura que un matrimonio con dous nenos ocupou a vivenda en Lugo do seu pai, aproveitándose da boa fe do ancián ao acollelos temporalmente no domicilio. Actualmente, o propietario da vivenda atópase nunha residencia.

declaración da rendA. Pola súa banda, Jaime Aneiros Pereira, delegado provincial de Asesores Fiscal e Profesor Derecho Financiero y Tributario da Universidade de Vigo, explicará os cambios na declaración da renda previstos para 2023.

Estarán na mesa de sucesos a xornalista Patricia Abet e o avogado Evaristo Nogueira. Así mesmo, Esther Estévez comentará a nova canción do ‘Dígocho Eu’, xunto ao lingüista Paulino Novo.

‘ZIGZAG’. A cantautora galega Sés visita hoxe o estudo do ZigZag para conversar con Pilar G. Rego sobre o seu novo disco Diante un eco. Componse de doce temas, como Cantan as balas e Para cando eu morra, que a levarán de xira por Galicia, España e Latinoamérica.

No capítulo de cinema, o colaborador Ángel Suanzes falará das proxeccións do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas. Orientado a promover o talento emerxente, a súa sétima edición celébrase entre os días 13 e 18 de decembro.

Ademais, o cultural da G2 emitirá unha reportaxe sobre a exposición do fotógrafo Steven Meisel que acolle a cidade da Coruña ata o vindeiro 1 de maio. Está organizada pola fundación da presidenta de Inditex, Marta Ortega. MOP, siglas da promotora da entidade, nace articulada en torno a tres eixes, A cidade da Coruña, a fotografía e a moda. Está é a segunda mostra destas características que Ortega promove no porto da cidade herculina, logo da de Peter Lindbergh.

‘Friccións’, un proxecto da fotógrafa estradense Ariadna Silva. Por outra parte, o ZigZag ocuparase de Friccións, un proxecto da fotógrafa estradense Ariadna Silva, que evoca o rastro de violencia que deixou na Costa da Morte o naufraxio do Prestige. E rematará coa música da gala Aritmar.

15 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.