Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Letras Galegas: percurso vital de Xela Arias

A escritora, poeta, activista cultural, empresaria, tradutora e crítica compostelá Yolanda Castaño é a autora de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias (Edicións Xerais, colección Merlín).

Nesta biografía recórdase a traxectoria vital e profesional de Xela Arias (Sarria 1962-Vigo 2003) e faise a través de trinta e seis poéticos microrrelatos. Neles revívese o ambiente no que naceu, a influencia e actividades dos pais, da contorna xeográfica pola que transitou desde o rural á cidade e ao mundo, das responsabilidades coa familia, dos primeiros escritos, dos premios que recibiu, dos traballos e estudos, dos seus costumes, ilusións e independencia, da vida en parella, do nacemento do seu fillo, da enfermidade que padeceu, da morte inesperada...

Xela non se foi, pois segue contaxiando coa escrita (verso e prosa) a todas as persoas que gozan do bo facer e admiran o seu compromiso con Galicia.

blanca.roig@usc.es

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito