Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero e a LIX

Don Ricardo Carvalho Calero, na súa faceta de escritor, non deixou de se achegar os máis novos desde a literatura dramática e desde a narrativa. Neste último caso é de salientar As pitas baixo a chuvia, conto escrito na súa época lucense e publicado en Bos Aires no 1952, reeditado por Embora no 2008, edición que respecta a grafía empregada polo autor na primeira edición.

Neste ano 2020, como consta no depósito legal, a editorial reeditou este conto, no que se narra con gracia e humor as diferenzas que hai entre os galos ergueitos, lanzás e maxestosos de cando o narrador era pequeno (capitáns, príncipes, arquimandritas...) cos de agora (brancos e grises) con cristas e colas curtas. Unha narrativa simbólica ao que non lle faltan costumes de antes e de agora nin pegadas autobiográficas do autor. Acompañan a narración as ilustracións, tamén simbólicas, de Alberto Toval quen salienta os personaxes animais.

m.fboo@udc.es

28 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito