Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Letras galegas: Xela Arias, unha voz inesquecible

Xela Arias (Sarria 1962-Vigo 2003) é a escritora homenaxeada este ano co día e ano das Letras galegas, unha das poucas mulleres que se recoñeceron. Con tal motivo, son varias as monografías que se achegan á poeta, tradutora e activista cultural. Entre elas, destacamos a reedición de Poesía reunida (1982-2004) (Xerais, xaneiro 2021) da man de Chus Nogueira, unha boa axuda para comprender a poética da luguesa.

Nesta páxina especializada, damos a benvida á súa obra inédita titulada Non te amola! (Galaxia, 2021, col. Libros para Compartir), dirixida á nenez. Acolle dezaseis breves relatos nos que se amosan características da súa escrita e se descobren vivencias persoais da nenez e mocidade. Uns bos textos que conforman o que poderiamos denominar biografía emocional, un percorrido vital, textual e visual con palabras de Xela Arias complementadas coas ilustracións da mestra Luz Beloso (Monforte, 1968).

blanca.roig@usc.es

07 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito