Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 27 septiembre 2022
02:51
h

Libro de contos creado por unha neta e o seu avó

Seguen chegando aos estantes das nosas librarías e bibliotecas novidades literarias que xurdiron como consecuencia dos longos meses de confinamento derivados da covid-19. Entre as novas propostas que presenta Edicións Fervenza no seu catálogo de publicacións dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil destaca Feitizo no val, unha colección de vinte e tres microrrelatos asinados por Xosé Manuel Lobato e a súa neta Fátima, de tan só sete anos, que se xestou durante o verán de 2021.

A obra, que conta cun breve prólogo de Charo Golmar e con ilustracións feitas polo alumnado da Escola de Sarandón (CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas) e por Amalia López Brea Luchi, acolle historias fantásticas sobre lendas, seres míticos, paisaxes etc. que beben da nosa tradición oral. En definitiva, unha obra para fomentar a lectura conxunta entre os máis pequenos e os avós, facilitando así o diálogo interxeracional.

ngardia@cirp.gal

20 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.