Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Lo que de verdad importa’, a existencia desde tres prismas

O congreso da Coruña poderá seguirse en ‘streaming’ e visualizarse até o día 1 de abril

O XIII Congreso Lo que de verdad importa achegará este venres a A Coruña as experiencias persoais da fotógrafa brasileira Angélica Dass; o director dunha organización que fabrica e reparte próteses feitas en 3D en máis de 55 países, Guillermo Martínez; e o xogador do Barça e do Atlético de Madrid Julio Alberto, que ten unha historia de superación de adiccións.

A directora xeral da Fundación Lo que de verdad importa, María Franco, presentou este xoves nunha rolda de prensa na Fundación María José Jove, o congreso que se celebrará este venres 25 de marzo no Palexco en A Coruña e que contará historias de superación que buscan transmitir valores aos máis novos. Franco estivo acompañada durante o acto polo tres relatores que participarán no evento; a presidenta de honra do Congreso e directora da Fundación María José Jove, Felipa Jove; a directora territorial de Galicia e Asturias de Telefónica, Paula Rodríguez; e a directora comercial da rede Galicia Caixabank, Marta Albela.

O aforamento para asistir ao Congreso, que poderá seguirse en streaming onde estará colgado até o día 1 de abril, está completo “desde fai máis dun mes”.

Ante os medios de comunicación Guillermo Martínez explicou que a súa historia é a dun neno “curioso” ao que lle gustaba facer xoguetes ata que un día deuse conta de que “tamén tiña que facer cousas para os demais”. Con 22 anos deseñou na súa habitación a primeira prótese para persoas que non teñen cóbado, impresa en 3D. A día de hoxe, dirixe unha organización que fabrica e reparte estas pezas gratuitamente en máis de 55 países, ‘ONG Axúdame 3D’.

“CONTADORA DE HISTORIAS”. Pola súa banda, Angélica Dass sinalou que é unha “contadora de historias” que necesita imaxes e que narrando as súas vidas conseguiu “ser o espello para unha chea de xente”. Este venres vai explicar no Congreso coma o arte pode ser unha “ferramenta” para “xerar diálogo e transformación social”. Esta artista combina a fotografía coa investigación sociolóxica e a participación na defensa dos dereitos humanos.

“O máis importante é perdoarche a ti mesmo, que-
rerte a ti mesmo, porque a felicidade non é o destino, senón o camiño”, sinalou Julio Alberto, quen durante a presentación manifestou que
o seu caso é unha historia “de supervivienca” que come-
za por nacer nunha familia “realmente complicada”.

A súa ilusión era “atopar” á súa nai e ter unha familia coa que “sentar na mesa e discutir de fútbol”, recoñeceu. O exfutbolista destacou que, despois de facer un “esforzo enorme’, tivo a “gran sorte” de xogar ao fútbol, o que lle achegou un “sentido que pertenza”.

Despois de retirase, relatou, a súa vida “foi un inferno” rodeado de adiccións. O que vai contar aos mozos durante o Congreso deste venres é que se toman decisións “constantemente” e que unha equivocación che pode “levar ao traste” e “arruinar a ti e á túa familia”, por iso explicará como saír deste tipo de situacións e “vencer esa batalla”.

24 mar 2022 / 20:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.