Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Luar’ estreita os lazos coa televisión pública asturiana

O espazo musical da canle autonómica ten preparado un programa de irmandamentos ca comunidade veciña

A Televisión de Galicia pecha este día de Reis a programación especial de Nadal coa emisión do programa especial Luar. Benvidos, bienllegaos. O musical dos venres emitirase en directo e de maneira simultánea coa Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA). As canles públicas de ambas comunidades repiten este irmandamento, polo que esta noite os espectadores da TVG poderán ver na condución do programa, ademais de a Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández, a Sonia Fidalgo, presentadora do espazo musical Babel da RTPA, e ao actor Pedro Durán, chegados desde Asturias.

Nesta noite especial, subirá ao escenario de Luar un artista asturiano emblemático, Víctor Manuel, que, entre outros temas, interpretará Asturias, homenaxeando esta edición especial Benvidos, bienllegaos. Tamén actuará en conxunto coa cantautora coruñesa Silvia Penide.

Doutra banda, interpretará os seus couplés Lilián de Celis, actriz e cantante asturiana que leva case oito décadas deleitando o seu público, desde que, con pouco máis de oito anos, se dera a coñecer en Radio Madrid con Aquellos tiempos del cuplé, tema interpretado xunto a orquestra de Indalecio Cisneros.

O grupo punk Los Berrones, considerados os iniciadores do agro-rock, dará conta na noite do venres da versatilidade do panorama musical asturiano. Ademais, o programa contará coas agrupacións folclóricas Lagharteiras e Algaire, o grupo de baile tradicional Xeitu, e mais coa orquestra Waykas.

E non faltarán os recanteiros. Lucía García, representante da Costa da Morte, interpretará A quen lle importa, e Santín, da Terra Chá, O rei. Rematarán xuntos no escenario con O amor non se esquece xamais.

Os nenos e nenas galegas madrugaron hoxe para ver que lles deixaban os Reis Magos. Neste día máxico, as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán A Revista antes de poñer rumbo de novo as lonxanas terras de Oriente. Ademais, pasarán polo programa algunhas das máscaras que, ao longo do día de onte, interrumpiron as emisións da Televisión de Galicia. Pola noite, os personaxes agochados tras os disfraces desvelaron a súa identidade nun programa especial, A Invasión da G. Explicarán agora no espazo matinal como foi esta experiencia.

Doutra banda, estarán no magazine dous rostros habituais da TVG: o presentador de O Tempo Diego Viaño, o xornalista de Deportes Terio Carrera, e os de Informativos Eduardo Herrero e Sevi Martinez. Acudirán ao programa cos feus fillos e lembrarán as noites de Reis da súa infancia.

Igualmente, visitará o estudo de A Revista Noé Cortiñas, veciño do concello pontevedrés dO Rosal, que practica unha novedosa disciplina, o footgolf, como o nome indica, combinación de fútbol e golf. Logrou clasificarse para a Eurocopa deste deporte, do que falará á audiencia da canle pública galega.

O programa desprazarse en directo a unha comida solidaria, propia destas datas e contará con Octavio Villazala, colaborador habitual, experto en animais.

06 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.