Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lupe Gómez gaña o XXI Premio Fiz Vergara Vilariño, de Sarria

Lupe Gómez (Curtis,1972) acaba de gañar o XXI Premio Fiz Vergara Vilariño, de Sarria, dotado con 6000 euros. O traballo da escritora, titulado Montaña Ioga, é un poemario enteiro sobre Yoga e sobre a natureza. Prevese que xa sairá publicado na primavera coa editorial Espiral Maior. Hai poucos días que a poeta foi galardoada como gañadora da X edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo concello de Mondoñedo, nunha edición marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. Nesa ocasión, o traballo presentado, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, tiña por título Muiñeira da Pinguela. O xurado destacou daquela nos versos de Lupe Gómez a súa capacidade evocadora, que nos traslada ao mundo da infancia e aos eidos familiares da memoria, cunha moi hábil alternancia do poema versal e o poema en prosa e a integración na escrita propia de diversas voces literarias citadas e homenaxeadas.

19 dic 2021 / 00:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.