Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lupe Gómez logra o premio Manuel Leiras Pulpeiro na súa décima edición

A obra galardoada da poetisa natural de Curtis ten como título ‘Muiñeira da Pinguela’

Santiago. Lupe Gómez Arto (Curtis,1972) álzase como gañadora da X edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo. Esta edición estivo marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado pola poeta gañadora, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, ten por título Muiñeira da Pinguela.

O xurado destacou nos versos de Lupe Gómez a súa capacidade evocadora, que nos traslada ao mundo da infancia e aos eidos familiares da memoria, cunha moi hábil alternancia do poema versal e o poema en prosa e a integración na escrita propia de diversas voces literarias citadas e homenaxeadas.

O segundo premio, dotado con 600 euros,placa de diploma, recaeu en O mapa do pintor da que é autor Xurxo Alonso García (Buenos Aires, 1956).

Miriam Ferradáns Ferradás (Bueu, 1982) acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo Os amantes. redacción

29 nov 2021 / 18:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.