Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mª José Rodríguez gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración

O certame, dotado con 1.500 euros, está organizado pola Deputación de Ourense

Ourense. A ilustradora galega María José Rodríguez García foi a gañadora do XVII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de ilustración, organizado pola Deputación de Ourense e dotado con 1.500 euros.

O xurado, reunido onte na sala de xuntas do Pazo provincial, destacou das ilustracións gañadoras os seus elementos pedagóxicos e didácticos, “cunha estética infantil e inxenua que ilustra magnificamente a narración”.

O traballo de María José Rodríguez ilustrará o libro Adrán e a fábrica de xeo, de Begoña Graña, gañadora deste mesmo certame na modalidade de narración. O xurado subliñou que “as imaxes dan moitísima información, teñen forza e expresividade, cun interesante tratamento da cor”. Na acta do fallo tamén se destacan os “valores expresivos que poden impactar moito ao lector novo”.

O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, actuando como secretaria Ana Malingre, e como vogais José Manuel Fernández, Rosa María Nóvoa, Isabel Mociño, Xoán Xosé Rodríguez e Luis Gulín.

María José Rodríguez, licenciada en Pedagoxía, ten unha ampla traxectoria no mundo da ilustración. ECG

10 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.