Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 26 febrero 2021
09:22
h

Máis 1,2 millóns para impulsar o turismo sostible e competitivo

A Xunta participou en 7 proxectos europeos, 4 deles na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A Xunta de Galicia participou neste 2020 no desenvolvemento conxunto de sete proxectos europeos para a promoción turística de Galicia como un destino competitivo e sostible que supuxeron un investimento de 1,2 millóns de euros no noso territorio, maioritariamente procedentes de fondos europeos. Así o recolle o informe de balance sobre os proxectos europeos en execución ou xa executados, no que se da conta da situación destas accións que mobilizaron un orzamento conxunto para a totalidade dos asociados implicados de 6,8 millóns de euros.

Catro dos sete proxectos estiveron orientados ao desenvolvemento de produtos turísticos transfronteirizos en cooperación directa coa Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. En concreto durante este ano deuse pulo ao proxecto “Facendo Camiño”, cun investimento nesta edición de case 300.000 euros por parte de Turismo de Galicia co obxectivo de avanzar na consolidación dos itinerarios do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo.

O Gerês-Xurés dinámico foi outro dos proxectos impulsados. Orientado a darlle maior visibilidade aos recursos desta Reserva da Biosfera Transfronteiriza e mellorar a calidade e a comercialización dos seus produtos turísticos, permitiulle á Xunta levar adiante accións por importe de máis de 750.000 euros dos que 150.000 foron a cargo do Goberno galego.

O aproveitamento turístico do patrimonio cultural e natural do río Miño Internacional foi o terceiro dos proxectos impulsados este ano, cun investimento autonómico de 60.000 euros mentres que o impulso á Ruta Eurovelo- Ruta dos Peregrinos (EV3-PR) fixo posible mellorar a competitividade turística desta ruta desenvolvendo paquetes turísticos relacionados co cicloturismo.

Destes catro proxectos, os tres primeiros terán continuidade nos vindeiros anos mentres que o da Ruta Eurovelo está xa rematado.

Tamén está finalizado o proxecto Waoh Route, que permitiu impulsar o primeiro roteiro transnacional de mergullo sostible, conectando lugares para esta práctica deportiva desde Portugal a Reino Unido e fixando unhaboa folla de ruta para a súa promoción e comercialización que se estendera ata o vindeiro ano.

Ademais da súa participación activa nestes proxectos europeos, Galicia tamén está presente en Europa a través da rede Necstour, composta por 34 rexións europeas de gran peso turístico que traballan conxuntamente no impulso dun turismo responsable. Esta participación directa supón para Galicia unha vantaxe competitiva no deseño de políticas públicas.

07 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.