Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis concertos na xira de Heredeiros da Crus no trinta aniversario da banda

A Xunta súmase á celebración impulsando seis novos eventos do grupo musical // “A contundencia das súas letras, a enerxía e humor no escenario converteuno nun dos máis emblemáticos do rock galego”, indica Román Rodríguez

A Xunta de Galicia súmase ao trixésimo aniversario da banda galega Heredeiros da Crus impulsando a celebración de seis novos concertos que se sumarán así á xira deste ano. En concreto, como anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, hoxe durante a presentación da iniciativa, colaborarase na celebración de concertos en Catoira, Valga, Pantón, Lalín, Vilanova de Arousa e Muros. O titular de Cultura da Xunta puxo en valor a traxectoria desta banda que se converteu “nun dos fenómenos musicais máis grandes de Galicia” ao ter conseguido construír un “selo propio no panorama roqueiro galego de todos os tempos”. Referiuse á “contundencia das súas letras” e tamén á “enerxía e humor despregados no escenario” como parte do seu éxito, ao que se suma o facer “do seseo e da gheada unha das súas principais bandeiras”, indicou. Salientou, ademais, que o apoio a estes concertos enmárcase na política cultural da Xunta de Galicia por impulsar diferentes iniciativas “que permitan reflectir a pluralidade e diversidade da nosa música e a nosa cultura”, indicou. Neste sentido, fixo referencia ao apoio do Goberno autonómico á música galega a través de diferentes iniciativas.

Apoio á música galega. Entre elas referiuse á recentemente aberta liña de axudas para que as bandas podan emprender xiras ou concertos por toda Galicia, vencellando ademais neste ano aos proxectos asociados directamente desde o Xacobeo “que converten a estas agrupacións en embaixadoras da nosa cultura a nivel global”. Súmanse apoios ao desenvolvemento do talento audiovisual, iniciativas como Cultura no Camiño para música e artes escénicas, axudas a festivais, á distribución de música para xiras, asistencia a feiras, entre outras. En total, case 3 millóns de euros para potenciar a variedade e as oportunidades na escena musical galega.

04 jun 2022 / 12:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.