Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Manual para coñecer polo miúdo o mundo do mar en Galicia

O Museo do Pobo Galego edita este volume dentro da súa colección de divulgación

A colección Manuais do Museo do Pobo Galego ven de editar un novo volume, que fai o número 4, titulado Vida e traballo no mar dos galegos, da autoría do profesor Francisco Calo Lourido.

Como o título indica adéntranos en todo o que é a costa de Galicia, dende A Garda a Ribadeo, empezando polo aspecto xeográfico, para seguir polo etnográfico e repasar a historia do que aconteceu e condiciona o singular litoral da nosa comunidade.

Así, atopamos capítulos dedicados ao aspecto morfolóxico, ao clima ou á vexetación con outros como o nacemento das comunidades de pescadores ou os feitos máis relevantes no mar galego, dentro do que destacan os tipos de embarcacións e o instrumental de pesca.

Mención destacada ten tamén a evolución histórica, cunha detalla información sobre as crises que sufriu este sector e o seu desenvolvemento como importante motor económico.

Fermosas fotografía actuais e antigas xunto a explicativos gráficos aportan unha visión formativa a este detallado traballo, que como comenta o autor no limiar é “un texto didáctico que permitirá a un profano interesado achegarse con facilidade a este gran mundo do traballo do mar en Galicia”.

Tamén na presentación do libro o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez, destaca que “este Manual é un achegamento á abundante anada cultural mariñeira realizada desde o rigor e o sentimento de pertenza á comunidade de mareantes, como feita coa forza do tombo para bater nos tópicos do descoñecemento e dos etereotipos”.

Un manual práctico e didáctico que nos dá a coñecer os aspectos máis salientables do mar galego, dende as súas xentes ata o seu aspecto diferenciador e singular.

08 jul 2020 / 19:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.