Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Manuel Baltar recibiu onte ao director do CIP

Pastor Lorenzo estivo en Ourense falando do Centro Internacional de Prensa de Santiago

Santiago. O presidente da Deputación de Ourense recibiu onte no Pazo Provincial ao director do Centro Internacional de Prensa (CIP) de Compostela, Pastor Lorenzo, acompañado polo presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luís Menéndez, e polo asesor de Comunicación da Deputación, Fernando Méndez, para coñecer en detalle o proxecto do CIP, que quere ser un espazo público e aberto a profesionais dos medios de comunicación, institucións e axentes sociais e culturais de Galicia.

Baltar destacou a importancia “de afondar na pluralidade dos medios de comunicación, como garantes dun debate crítico e contrastado, algo imprescindible nunha sociedade moderna, avanzada e con criterio, como é a galega”, e o feito de pór en marcha esta iniciativa que sirva de punto de encontro para a sociedade civil “vai nesa liña dun xornalismo aberto e comprometido”.

O CIP estará situado na rúa Nova, no denominado Pazo dos marqueses de Santa Cruz. Nas súas instalacións poderán organizarse roldas de prensa, comparecencias políticas, sindicais, asociativas e cidadás, e contará con apoio para equipos de medios estranxeiros, ademais de ser un espazo para conferencias, videoconferencias, faladoiros, proxeccións e exposicións, servindo tamén para a realización de prácticas de estudantes da Facultade de Comunicación, explicou Pastor Lorenzo en Ourense. ECG

21 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.