Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Manuel Buciños recibe o seu premio Trasalba 2020

O conselleiro de Cultura felicita ao escultor, do que destaca que é un dos artistas con máis obra nas diferentes vilas de Galicia

O escultor Manuel Buciños recibiu onte o Premio Trasalba 2020 nunha cerimonia na sede da Fundación Otero Pedrayo que entrega anualmente estes galardóns.

Un acto que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e ao que tamén asistiron o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Durante a súa intervención, Román Rodríguez felicitou ao premiado tanto polo galardón como pola súa longa traxectoria creativa, ao tratarse dun dos artistas galegos con máis obra nas principais cidades e vilas da nosa comunidade autónoma, que están integradas na paisaxe urbana e tamén na vida dos cidadáns que gozan delas en rúas e prazas a diario.

Esta distinción é un recoñecemento co que se destaca o traballo do artista na súa defensa e espallamento da lingua e cultura galega.

A Fundación Otero Pedrayo -que conta co apoio da Xunta de Galicia para colaborar nas súas diferentes actividades- suma así a Manuel Buciños a unha lista de galardoados que integran nomes tan destacados como Luz Pozo Garza, Agustín Fernández Paz, Antón Pulido ou Xosé Neira Vilas, entre outros.

Manuel García Vázquez, coñecido como Manuel Buciños, asumiu da sú aldea natal, na que naceu no ano 1938, o seu nome artístico.

Ourensán de adopción desde hai décadas, pertenceu ao grupo de artistas que frecuentaron o trato de Otero Pedrayo e Vicente Risco, os artistiñas e que incluía a Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar.

Buciños está considerado, sen dúbida, un dos escultares referenciais da nosa comunidade autónoma.

Os seus traballos en bronce de variado formato adornan multitude de coleccións e espazos públicos, tanto de Galicia, como de fóra do país.

24 abr 2021 / 20:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.