Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

María José Alonso volve sumar un novo premio á súa longa traxectoria

Este recoñecemento ven dado pola súa investigación nunha vacina contra o VIH

Santiago. A catedrática da USC María José Alonso suma un novo premio á súa traxectria ao ser recoñecida co primeiro premio de Nanotecnoloxía que concede a empresa Nob166. O seu traballo destacou pola súa ivestigación centrada no desenvolvemento dunha vacina que faga fronte ao virus da inmunodeficiencia humana (VIH).

A investigadora do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) foi galardoada nun acto celebrado onte na Real Academia de Medicina de Madrid, pola súa dedicación ao sector nanotecnolóxico.

“A galardoada María José Alonso Fernández destaca no seu labor de investigación en proxectos en colaboración con grupos americanos, canadenses e europeos no desenvolvemento dunha vacina fronte ao VIH. A súa achega céntrase no desenvolvemento de nanosistemas transportadores das vacinas”, destacou o xurado na súa deliberación.

Traxectoria. María José Alonso é catedrática de Biofarmacéutica e Tecnoloxía Farmacéutica na USC, onde entre os anos 2006 a 2010 foi vicerreitora de Investigación e Innovación. Traballou como científica visitante na Universidade de Paris XI, (1986-87), na Universidade de Angers, Francia (1989) e no MIT, Estados Unidos, durante 1991-1992 e en 2012.

O seu laboratorio ten tres décadas de experiencia na formulación de macromoléculas, é dicir, péptidos, proteínas, antíxenos, anticorpos monoclonais e polinucleótidos, utilizando sistemas de administración baseados en polímeros, alén de ser pioneira en numerosos descubrimentos no campo da nanotecnoloxía farmacéutica e a nanomedicina. María José Alonso coordinou varios consorcios de investigación financiados pola OMS, a Fundación Gates e a Comisión Europea.

Ademáis, a profesora Alonso é, asemade, inventora de 22 familias de patentes, a maioría delas con licenza para a industria ademáis de recibir máis dunha trintena de premios, entre eles a Medalla á Excelencia en Investigación outorgada polo Goberno de España, o Premio Jaime I, a Medalla Castelao que concede a Xunta, entre outros. ECG

08 jul 2021 / 18:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
VIH
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.