Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mariano Barbacid pechará as xornadas do cancro da RAGC

Tamén haberá unha mesa redonda coas opinións dos maiores expertos en oncoloxía

O investigador do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) Mariano Barbacid será hoxe o protagonista do peche do XXIV ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía, que nesta ocasión estivo centrado nos “Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”.

A clausura das actividades, organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña, coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), comenzarán coa táboa redonda Novos retos para avanzar na investigación e curación do cancro en Galicia, que comezará ás 18.00 horas e na que participarán cinco expertos: o vicedirector do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca e académico correspondente da RAGC, Xosé R. Bustelo; a investigadora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), Marisol Soengas; o xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Rafael López; a xefa de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Rosario García Campelo, e o vicepresidente da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) da Coruña, Carlos Lamora.

Esta sesión de debate estará moderada pola xornalista Fernanda Tabarés. Ademais, o ciclo será clausurado ás 20.30 horas polo presidente da institución académica, Juan Lema Rodicio.

Nesta sesión, investigadores básicos e clínicos, xunto con representantes de pacientes de cancro, debaterán sobre as fortalezas e debilidades da oncoloxía en Galicia e en España, tanto no que se refire á investigación como ao diagnostico e tratamento dos pacientes.

Os expertos respostarán a preguntas tan comúns como a situación actual da enfermidade ou a influencia da covid-19 nos pacientes oncolóxicos e a súa asitencia, entre outras. Xunto coas propias ideas ao respecto dos participantes, o público asistente terá a oportunidade de facer preguntas aos compoñentes da táboa sobre calquera tema de interese sobre a enfermidade.

De seguido, o ciclo pecharase coa conferencia do doutor Mariano Barbacid, investigador do CNIO que ofrecerá Unha visión histórica dos estudos do cancro, ás 19.30 horas de hoxe.

O doutor Barbacid, o oncólogo molecular español máis relevante a nivel internacional e un dos descubridores do primeiro xene que provoca o cancro, dará nesta charla unha visión histórica de como evolucionou o coñecemento do cancro e os fitos máis importantes que se acadaron ata chegar ao momento actual. Na charla tamén se dará unha visión do que se coñece agora sobre a orixe e evolución do cancro e das vías que hai para tratalo de forma cada vez máis efectiva.

Como o seu título indica, o ciclo Avances quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Intentarase nelas dar información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro.

Tamén se ofrecerá unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

08 jul 2021 / 19:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.