Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Marisol Soengas e Manel Esteller conversan sobre a epixenética do cancro

As alteracións xenéticas, a metástase e as células tumorais son algúns dos temas dos que falarán no ciclo de Avances da RAGC

Os cambios epixenéticos e a metástase serán os temas que centrarán a xornada de hoxedo ciclo de conferencias Avances sobre o cancro da Ragc e a Deputación da Coruña.

Nesta segunda xornada celebraranse dúas conferencias, ambas moderadas polo coordiandor do ciclo Xosé R. Bustelo, vicedirector do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca. A primeira será online ás 19 horas e versará sobre a “Epixenética do cancro: desde o coñecemento ás aplicacións” que impartirá Manel Esteller, director do Institut de Recerca contra la Leucèmia Josep Carreras de Barcelona.

Nesta charla, o Dr. Esteller, un dos investigadores máis senlleiros no eido internacional neste tema, dará unha perspectiva histórica de como se descubriu este proceso, do que se coñece actualmente sobre o seu papel no cancro.

Xunto coas alteracións xenéticas, o cancro está asociado con fenómenos de cambios no xenoma asociados á modificación do ADN (a molécula que alberga a nosa información xenética) e das moléculas que o recubren dentro do núcleo celular. Segundo explica Esteller, estes cambios, denominados epixenéticos, teñen unha grande importancia na regulación de cambios de expresión xénica e, consecuentemente, no comportamento das células tumorais. Debido a elo, diferentes moléculas implicadas na regulación destes procesos téñense atopado mutadas en distintos tipos de cancro.

A segunda sesión do día impartirase presencialmente ás 20 horas. A investigadora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), Marisol Soengas, ofrecerá un relatorio titulado “Descifrando a metástase: o melanoma como exemplo”.

A Dra. Soengas, unha das expertas mundiais neste tema no eido do melanoma, daranos unha visión sobre o estado actual e os retos que aínda temos por diante . A experta explica que a metástase

“É un proceso altamente complexo que vai asociado a mecanismos que facilitan a saída das células da masa tumoral, a súa diseminación pola circulación sanguínea e vasos linfáticos, o seu paso aos tecidos normais e, posteriormente, a supervivencia e proliferación das células tumorais neses novos nichos”.

06 jul 2021 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.