Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mecánicos e carniceiros serán protagonistas hoxe na TVG

En Hamburgo probarán as mellores salchichas na marxe do río Elba e descubrirán se alí saben tanto de coches como presumen

Alemaña será esta semana o destino do programa da TVG ‘Corremundos’, que viaxará a Hamburgo, onde coñecerá un carniceiro alemán que fai as mellores salchichas na marxe do río Elba. Por outro lado, irá ata O Irixo para ver como se traballa na carnicería da vila, onde crían os seus propios porcos para fabricar uns chourizos que quitan o sentido.

De volta en Hamburgo, ‘Corremundos’ comprobará se os alemáns saben tanto de coches como presumen. Nunha terra famosa pola súa enxeñería, que menos que facer unha visita ao taller. Aínda que aquí en Galicia tamén hai moitas e moi boas opcións. Pode que sen tanta sona mundial, pero igual de capacitadas e ofrecendo todo tipo de servizos.

NON LLE CHAMES AMOR.A psicóloga e sexóloga Raquel Graña abordará na entrega desta semana de ‘Non lle chames amor’ un tema tan recorrente como é o do desexo sexual: en que consiste, como cambia a súa intensidade ao longo dos anos e se hai xeito de fomentalo.

Nesta ocasión, a limusina do programa pon rumbo á Ribeira Sacra para coñecer a María e a Juanjo, unha parella que leva máis de 12 anos de relación e que é a proba de que o amor non ten idade, aínda que tivo que defenderse de moitos prexuízos.

Outra persoa que chegará disposta a falar de sexo sen tabús é Roman, un home que con 73 anos asegura estar moi en forma a nivel sexual. E, por último, os espectadores coñecerán a Xácia, unha norteamericana namorada de Galicia que fundou un santuario LGTBI nada máis e nada menos que na Ribeira Sacra.

A REVISTA.‘A Revista’ recibe hoxe no estudIo a Manuel Vivas, voceiro da OCU, que lles dará aos espectadores consellos para mercar os últimos décimos de lotaría de Nadal antes do sorteo do día 22 de decembro.

A presentadora do espazo da TVG, Loly Gómez tamén conversará xuíz do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José Luis Deaño sobre a ocupación de vivendas, o alarmismo infundado que existe arredor deste fenómeno e as posibilidades que teñen os propietarios á hora de desaloxar os ocupantes.

Por outra parte, os magazine da canle pública contará con dous colaboradores habituais: a xornalista Ana Gayoso, para comentar as noticias dos famosos, e o médico do Hospital San Rafael da Coruña, Manuel Viso, que lles dará aos espectadores consellos para coidar a súa saúde.

ZIGZAG.O programa ‘Zigzag’ recibirá hoxe a visita da escritora Ledicia Costas, que presentará a súa nova novela, ‘A lebre mecánica’, pola que recibiu o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2021. A viguesa, unha das autoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, converteuse así na única que gañou en tres ocasións este prestixioso galardón. Trátase dunha novela de máxima actualidade sobre as apostas e os problemas da xuventude.

O espazo da G2 tamén falará este mércores do 20º aniversario da compañía Teatro do Andamio, que están a celebrar cunha programación especial, obras teatrais, exposicións e un documental. Na actualidade, Teatro do Andamio funciona como centro cultural integral composto pola escola, a sala e a compañía profesional de teatro, mantendo a súa aposta por lle ofrecer á cidadanía unha programación cultural estable, cunhas 100 funcións anuais, ás que se suman as actuacións da formación teatral fóra da súa sede.

14 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.