Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mellorar a calidade de vida, fin do convenio entre o Cpeig e o CES

A colaboración entre as dúas entidades permitirá levar a cabo diversas iniciativas

Santiago. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) e o Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia) asinaron onte un convenio de colaboración para o establecemento dun marco de colaboración entre ambas entidades.

O acordo, que se selou na sede do Consello Económico e Social de Galicia en Santiago, foi rubricado polos presidentes de ambas institucións, Fernando Suárez do Cpeig e Agustín Hernández do CES- Galicia.

O acordo, con vixencia dun ano, ten por obxecto que ambas entidades actúen de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativas de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

A colaboración permitirá a realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo e promoverá a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.

impacto en todos os sectores. Fernando Suárez valora de forma moi positiva este acordo para ambas entidades. Considera que para o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia é moi importante colaborar cunha entidade como o Consello Económico e Social de Galicia e tamén destaca que esta unión é unha mostra da evolución da sociedade, tanto a nivel social como económico, xa que o impacto que está tendo a dixitalización en todo os sectores posibilita que o Cpeig sexa un actor destacado para colaborar á hora de chegar a todo o ecosistema galego –empresarial, administrativo ou cultural–.

Tamén o presidente sinala que este convenio abre as portas para dar a coñecer o impacto da tecnoloxía en Galicia e permite sentar as bases para que a comunidade poida ser “máis dixital e un pouco máis integradora e transparente” e para que “da man da tecnoloxía se poida mellorar a calidade de vida de todas e todos os galegos”. redacción

02 jul 2021 / 13:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.