Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mostra das obras de Tareixa Toaboada na Casa dos Poetas

Celanova acolle a exposición de ‘Nihil’ cunha reflexión sobre o poeta Celso Emilio Ferreiro

A Casa dos Poetas en Celanova (Ourense) acolle ata o 31 de agosto a exposición de pintura Nihil da artista Tareixa Toaboada, nacida en Ourense pero residente en Bobadela (Celanova). Na inauguración, a artista galega estivo acompaña por José María Rodríguez, patrón da Fundación Curros Enríquez c, entre outras persoas convidadas.

Nihil ocupa a Sala da Lareira e o segundo andar da casa familiar de Manuel Curros Enríquez con pintura, escultura e instalacións artísticas cheas de cor e creatividade. “Unha mostra que pretende motivar ó espectador, sacudilo e sacalo da súa zona de confort para que interveña no proceso creativo dunha forma lúdica e crítica”, sinalan na nota de prensa..

Os cadros expostos mostran un interese polas personaxes marxinais, un rexeitamento pola aparencia do convencional e a uniformidade que se pretende deseñar desde a globalización. Móstranse personaxes con alma e identidade rescatados dos circos dos fenómenos. Un exemplo é a imaxe do cartel que ten como referencia a Joseph Merrick, coñecido como o home elefante polas súas terribles deformacións e que conseguiu superar as súas limitacións para mostrar unha sensibilidade poética. Destaca a obra Tríptico, labirinto e díptico do minotauro na que se prantexa “un percorrido interactivo co espectador ó convidalo a traspasar o temido labirinto e enfrontarse ós seus propios monstros”.

Nesta ocasión inclúese ademais unha reflexión sobre a figura do poeta Celso Emilio Ferreiro e para iso realiza un paralelismo entre a metáfora de Cortázar en Los Reyes e Longa noite de pedra.

Unha das salas da mostra acolle tamén a instalación Paxaros e excrementos consistente en paxaros de metal que dialogan coas sombras. “Unha reflexión sobre as alteracións que provocamos co noso egoísmo no medio”, tratando de domesticar a salvaxe Natureza.

Poderá verse de martes a venres de 10 horas a 14 h. e de 16 h. a 19 h. e os sábados de 11 h. a 14 h. e de 16 h. a 19 h.

08 ago 2021 / 00:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.