Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mostra en Ourense sobre os Stones, que publican disco

A mítica banda reedita ‘Goats Head Soup ’ cun tema inédito // En 1999, estiveron en Santiago

O centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu onte a inauguración da exposición Rolling Stones collection Sánchez-Runde, unha mostra que percorre a historia desta mítica banda de rock a través de 400 obxectos, como carteis, discos, libros, instrumentos musicais e diverso material pertencente á colección de Alberto Sánchez-Runde.

E onte mesmo, os Rolling Stones publicaron Goats Head Soup 2020, reedición dun disco de 1973 pero que leva agora un tema inédito All the Rage para gañar sona.

A exposición, que se inaugurou onte coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do coleccionista, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de outubro. Trátase, como dixo Baltar, “dunha mostra que amosa a traxectoria da banda máis lonxeva da historia do rock and roll e tamén a paixón polo coleccionismo de Sánchez-Runde, quen conseguiu co esforzo de moitos anos compilar unha colección das máis importantes do mundo sobre os Rolling Stones”, un grupo ao que cualificou como “a banda sonora do século XX e de boa parte do que levamos de século XXI”.

Alberto Sánchez-Runde agradeceu ao presidente Baltar, á Deputación de Ourense e ao grupo La Región “poder traer a Ourense.

E explicou que a colección naceu cando, de neno, lle regalaron o disco Aftermath. A partires de entón foi facéndose con multitude de obxectos dos Rolling Stones, entre os que destacan xoias como unha guitarra asinada por Ron Wood, ou o vinilo de Sticky Fingers, cunha portada asinada por Andy Warhol.

Os Rolling Stones iniciaron a súa andaina nos anos 60 do século pasado da man de Mick Jagger, Keith Richards, Bill Wiman e Charlie Watts, uníndose ao longo da súa longa historia talentos como Brian Jones e Ron Wood.

O grupo de Jagger fixou un concerto en Vigo en 1998 e outro en Santiago en 1999 con Los Suaves de teloneiros.

05 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito