Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
11:57
h

Na ICC Week falaron da organización de eventos culturais

O programa deste venres inclue a entrega do Premio Rodolfo Prada á xestión cultural

Santiago. Muíños acolleu a programación da segunda xornada da Semana das Industrias Culturais de Ourense, a chamada ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense. Na localidade onde se atopa o Dolmen da Casiña da Moura, protagonista do cartel oficial desta edición desenvolveuse o programa matinal cunha mesa redonda onde se debatiu sobre engadir valor aos territorios a través dos eventos culturais. Julen Martín de BIME de Bilbao, unha das máis importantes feiras de referencia para a industria musical, Miguel Astorga, organizador da Monkey Weekend en El Puerto de Santa María, un festival de artistas emerxentes que se celebra en espacios únicos, e Manuel Mejide, responsable de Mundos Digitales na Coruña, o festival español máis importante en animación dixital, 3D, e gráficas en videoxogos, debatiron sobre a relación dos eventos culturais co lugar onde se fan.

E este venres a ICC Week trasladase ao Parador de Santo Estevo, onde se presentará a Mobile Week, a partir das 12,00 horas. Carlos Grau, CEO de Mobile World Capital, presentará unha cita que, do 19 ao 23 de noviembre reunirá en Ourense a especialistas e marcas que, a través de actividades públicas e gratuitas, acercarán a cidadanía as últimas innovacións tecnolóxicas, reflexionando tamén sobre como a transformación dixital pode mellorar a vida das persoas. Tamén nesta xornada está prevista a entrega dos Premios Rodolfo Prada, dirixidos a profesionais da xestión cultural. REDACCIÓN

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito