Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nace ‘Cultura Galega e Emigración’, pontes coa galeguidade na diáspora

A Xunta participa na presentación deste programa formativo
de sona internacional

Santiago. Os secretarios xerais de Política Lingüística e Emigración, Valentín García e Antonio Rodríguez Miranda, participaron onte na videorreunión de inicio do programa formativo Cultura Galega e Emigración: a galeguidade na diáspora, dirixido á galeguidade no exterior que organiza Fundehsga (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia) e que se centra na diáspora galega.

O programa, que arranca estes días o seu primeiro curso e no que tamén colaboran a Universidade LiberQuaré e a Fundación Familias Mundi, conta con 238 alumnos e alumnas matriculados, entre os que cómpre salientar 62 provenientes da Arxentina, 20 do Brasil, 10 de Venezuela, 3 de Exipto ou 90 do resto do Estado español.

Estas xornadas forman parte dun programa de cursos académicos que, baixo o título Cultura galega e emigración: a galeguidade na diáspora, inciden na proxección exterior da lingua e da cultura galegas.

O obxectivo deste programa formativo é abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que este lles achegou tanto aos países de acollida como a Galicia.

Esta iniciativa abordará a historia e sociedade na Galicia da diáspora, o idioma e escritura galega así como tamén as artes galegas no exterior, e o Camiño e camiños de Galicia no mundo.

Toda a información, programa académico e calendario de desenvolvemento na web da Fundación.

Participaron na presentación, canda os representantes da Xunta de Galicia, o director de Fundehsga (Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia) e reitor da Universidade Internacional Liberquaré, Agustín Dosil, e o director científico dos cursos, Armando Requeixo. A iniciativa axuda a abrir pontes a nivel cultural e tamén noutros eidos, esmo económico que noutras facetas para achegar dese xeito puntos de colaboración. ecg

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito