Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Nación’, de Margarita Ledo, abre no CGAI o ciclo Olladas de Muller

A directora luguesa presentará o seu novo traballo e haberá un coloquio ao redor diso

Santiago. A preestrea do filme Nación, da directora luguesa Margarita Ledo Andión, abre mañá venres na Coruña a nova edición do ciclo Olladas de Muller, organizado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) en colaboración co Consello da Cultura Galega.

A través desta iniciativa, enmarcada na programación cultural da Xunta de Galicia no marco do Día Internacional da Muller, proxectaranse ata o 12 de marzo seis filmes de diferentes nacionalidades feitos por e sobre mulleres. A entrada é de balde.

Nación, filme realizado co apoio das subvencións á produción da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ofrece unha pescuda inspiradora sobre as galegas na segunda metade do século XX. A través da historia da fábrica de porcelanas Pontesa, homenaxea a todas as mulleres que converteron a factoría nun referente para a reivindicación dos dereitos femininos, intercalando tamén moitas imaxes de arquivo, testemuñas, reconstrucións ficcionadas e elementos da cultura popular.

Será a propia autora quen presente a película mañá as 19.00 horas na sede do CGAI e protagonice o coloquio posterior. Nación ten prevista a súa estrea en cines comerciais o 26 deste mes.

O ciclo continuará o sábado con Cen anos entre tres reinos, de Alicia López Méndez e Xabier López Rodríguez. O mércores chegará outra preestrea, a de A metamorfose dos pássaros, documental da portuguesa Catarina Vasconcelos. O cinema continúa o xoves con Beginning, ópera prima da xeorxiana Dea Kulumbegashvili. A proxección da francesa Sébastien Lifshitz Una niña (Petite fille) pecha o conxunto de exhibicións centradas nas mulleres.

Xunto cos filmes integrantes de Olladas de Muller, o CGAI ofrece neste mes outras proxeccións, como as enmarcadas no programa Universo Wong Kar-wai. REDACCIÓN

04 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.