Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

No centenario de Gianni Rodari con Kalandraka

Para celebrar o centenario do gran escritor, educador e periodista Gianni Rodari (Piamonte, 1920-Roma, 1980), foron moitas as súas obras publicadas en galego. Unha das últimas foi Gelsomino no país dos mentiráns (2020), onde de novo o escritor renova o seu magnífico facer nunha obra que se centra nas leis inxustas e no aviso ao lectorado de que non se deixe levar polas mentiras dos poderosos, que coartan as liberdades da cidadanía. Para iso crea personaxes como Gelsomino que é quen, coa súa voz potente e a axuda do seu can, de abrir fiestras, e o que sexa preciso, para que o aire limpo entre nas estancias reais.

Estas historias son ilustradas nesta edición de Kalandraka polo debuxante Pablo Otero (Ourense 1970) e está vertida á lingua galega, desde a lingua de orixe, pola man experta como tradutora e como estudosa de Isabel Soto, quen dá coa palabra exacta para transmitir o ideal rodariano.

magrelo@uvigo.es

04 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito