Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘No país dos cogumelos’, de Alejandro Mínguez, é acollido en Portugal

Foi editado polo selo Ancora de Lisboa como adaptación de ‘En el país de las setas’

Santiago. A micobibliografía portuguesa acaba de sumar un novo título sobre fungos No país dos cogumelos, cuxo autor é o micólogo ourensán Alejandro Mínguez. Está editado polo selo Ancora de Lisboa e está tendo moi boa acollida nos primeiros días de distribución, segundo informa a editorial. O novo traballo é unha adaptación do libro do autor de 2014 En el país de las setas, publicado entón por Auga Editora de Santiago de Compostela, pero ampliado e actualizado con referencias á situación micolóxica en Portugal. Alejandro Mínguez contou neste caso coa axuda de dous micólogos luso-galegos, Marisa Castro e Xavier Martíns, para a tradución e adaptación ao portugués e para engadir as características de Portugal no mundo dos fungos.

O libro foi presentado este sábado 7 de xaneiro en Mogadouro, a vila micolóxica do norte de Portugal. O acto estivo presidido polo responsable da Cámara Municipal, Antonio Pimentel e a concelleira de cultura, Marcia Barros na biblioteca local. Participaron representantes do colectivo micolóxico A Pantorra de Mogadouro e afeccionados ao mundo dos fungos. A tradutora e doutora en micoloxia, Marisa Castro, definiu o traballo como “manual da cultura micolóxica”.

A bibliografía micolóxica portuguesa é escasa polo momento, así como a tradición no consumo e cultivo de especies, aínda que as que aparecen en Portugal de modo silvestre son coincidentes en gran parte coas galegas. Porén, existen unha serie de diferencias en materia micolóxica como explica o autor, “por exemplo en Portugal non hai normativa para a recollida de exemplares e en Galicia, si” e hai cogomelos que en Galicia non se poden comercializar como o Tricholoma equestre e en Portugal pódese atopar en distintos mercados. Redac.

09 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito