Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nomean Fillo Adoptivo da provincia de Ourense a Manuel Buciños

a cidade das Burgas, onde desenvolveu o seu traballo

Ourense. O pleno da Deputación de Ourense nomeou Fillo Adoptivo de desa provincia ao escultor Manuel Buciños e según consta na acta de outorgamento da distinción “como homenaxe e recoñecemento do pobo de Ourense a unha intensa e exitosa traxectoria artística, que contou permanentemente co recoñecemento da critica e da sociedade en xeral, tanto polo ámbito creativo como pola súa xenerosidade con esta provincia a que debido ao seu labor lle aporta gran relevancia na faceta cultural”.

Manuel Buciños, nado na provincia de Lugo, está desde moi novo ligado a Ourense, en cuxa capital estudou o bacharelato e grazas a unha bolsa da Deputación provincial puido acceder á Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Finalizados os estudos regresou á cidade das Burgas e participou activamente na vida cultural da cidade, realizando diferentes monumentos públicos en diferentes localidades da provincia ourensá.

Acadou premios por toda Galicia, como en Lugo e Santiago co premio Mestre Mateo. Incrementou esta relación de distincións co Premio Otero Pedrayo en 1996 ou mesmo neste ano o Premio Trasalba. Ten un amplo recoñecemento no ámbito cultural e artístico que o levou a recibir innumerables distincións por todo o estado español. ECG

25 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito