Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova cita con ‘Casamos!’ na TVG, onde ‘A Revista’ falará de Santiago

Compostela acaba
de ser elixida pola prestixiosa ‘Time’ como destino recomendable

Santiago. Os espectadores de Casamos! (TVG) coñecerán esta semana a historia de Carmen e Miguel, unha desas historias que fan crer no amor. Coñecéronse sendo moi noviños e grazas a amigos en común, pero as primeiras impresións de ambos os dous non foron boas. Ningún era o prototipo do outro. Ata que Cupido fixo das súas e esa apatía inicial se converteu en amizade e máis tarde, en amor. Nin as terceiras persoas nin a distancia que, por veces, os separaba foron quen de romper esa unión entre os dous. Agora, despois de 18 anos de relación e de ter que aprazar a voda dúas veces pola pandemia da COVID, Carmen e Miguel deciden casar nun evento que promete ser diferente, orixinal e moi divertido. Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, A Revista falará de Santiago xa que acaba de ser elixido pola prestixiosa publicación Time como un dos mellores destinos do mundo para visitar neste ano 2021. Dese xeito, terán neste programa da canle pública a xerente de Turismo da cidade, Flavia Ramil, falando das distintas cuestións que inciden nesta recomendación no eido turístico. ECG

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.