Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova fábula de Leo Lionni na editorial Kalandraka

A editorial pontevedresa Kalandraka vén de achegarnos en galego, traducido por Xosé Manuel González, o álbum ilustrado Unha cor propia, con texto e ilustracións do recoñecido pintor e ilustrador Leo Lionni, que conta xa cun considerable número de obras vertidas á nosa lingua, caso de A casa máis grande do mundo ou Álex e o rato da corda, por citar algunhas.

O álbum, publicado conxuntamente en todas as linguas peninsulares, pasa a acrecentar a colección Tras os montes, dedicada a obras de autores clásicos e contemporáneos e está recomendado para o lectorado a partir dos tres anos.

Leo Lionni presenta un camaleón na procura da súa identidade, posto que todos os animais teñen unha cor propia que os define: os elefantes son grises; os papagaios, verdes... Non obstante, non todo se reducirá a ter unha cor propia, senón que se verá que tamén é mester poder compartir experiencias con todos os que nos rodean.

marta@neira@usc.es

16 may 2022 / 00:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.