Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova serie infantil con Malvarina

Un novo título de Literatura Infantil e Xuvenil en lingua galega se incorpora ao catálogo de Triqueta Verde que será moi do gusto do lectorado de 7 anos en diante. Trátase de Malvarina. Quero ser bruxa, da escritora Sussana Isern e moi ben ilustrado por Laura Proietti, que abre unha nova serie que de seguro terá moito éxito.

Está protagonizado por Malvarina, unha afouta nena de nove anos que desexa ser bruxa e non dubida en visitar o Castelo Prohibido, situado nun val enmeigado, onde viven tres bruxas moi malvadas, famosas e temidas polos seus arrepiantes feitizos. Malvarina decide ir alí en busca do seu destino. Así comeza o seu adestramento en facer pocións máxicas, voar en vasoiras e elaborar feitizos. Mais pronto se percibe que ela non é unha bruxa ordinaria, senón que rompe coa tradición, segue as súas propias normas e se conforma como unha bruxa orixinal, creando situacións do máis disparatadas.

m.fboo@udc.es

18 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.