Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova sesión do obradoiro ‘A que sabe Luis Seoane’

A Fundación do pintor acolle a actividade dirixida polo investigador Fran Quiroga

A CORUÑA. Tras o éxito da primeira edición celebrada o pasado 18 de marzo, o obradoiro A que sabe Luis Seoane regresará mañá á Fundación Luis Seoane. Esta actividade parte do proxecto de investigación Sensibilidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia dirixido por Fran Quiroga, comisario e investigador de TasteLab, unha spin off da Universidade de Santiago de Compostela, que estuda as percepcións sensoriais e a experiencia do espectador no museo.

Durante o obradoiro, que terá lugar en horario de 18.00 a 19.00 e de 19.15 a 20.15 horas, combinaranse de novo o coñecemento que proporcionan as ferramentas de atención profunda e a neuroloxía co obxectivo de abrir a sensibilidade dos participantes, tomando como referencia as obras de Luis Seoane incluidas na exposicion Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar.

Esta actividade é gratuita. Para participar, é necesario inscribirse enviando un e-mail ao enderezo de correo electrónico info@fundacionluisseoane.gal. ECG

30 mar 2021 / 15:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.