Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novas de Xerais: imaxinación para desenvolver a nenez

A imaxinación, como facultade a potenciar no desenvolvemento da nenez cara a incentivar aptitudes creativas que a acompañen no seu percorrido vital, está ben manifesta na obra infantil Patio de Luces (2020), de Érica Esmorís (A Coruña, 1977), publicada por Edicións Xerais de Galicia na colección Sopa de Libros, dirixida ao lectorado de 8 anos en diante.

Nesta obra, que mereceu o premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga no ano 2020, unha nena aburrida, chamada Lea, pasaba os venres no baixo do edificio do que seu avó era porteiro, pois tiña prohibido saír ao patio; pero desobedece e dedícase a contemplar o lugar prohibido e idea como podería ser a vida do colectivo viciñal nese espazo. A súa imaxinación fainos camiñar por ese patio cheo de vida. As fermosas e coloridas ilustracións de Juan Berrio apoian e acompañan as imaxinativas ideas principais da protagonista.

rociogpedreira@gmail.com

08 feb 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.