Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novas de Xerais: outra aventura dos Minimortos

Ledicia Costas (Vigo, 1979), recoñecida escritora, coa axuda imprescindible da ilustradora Mar Villar (Alacant, 1984), acaba de publicar Os Minimortos Criando Malvas (Xerais, 2021), unha nova aventura da cuadrilla dos Minimortos, conformada pola rapazada de ultratumba e os seus axudantes animais e vexetais.

Como a primeira entrega, iníciase cuns paratextos presentativos dos protagonistas e, a seguir, é Curuxa quen, despois de se presentar, relata as aventuras do grupo, un conxunto de peripecias nas que sobresae o xogo, a amizade, a solidariedade, as diferenzas, a aprendizaxe ante erros, emocións etc.

Esperamos a próxima aventura dos Minimortos en Escola de Salvaxes, pois as series literarias, protagonizados por cuadrillas de convivintes, son un seguro para que a rapazada prenda na lectura. As expectivas que comportan e o que teñen de aventura iniciática atraen con forza a este esixente lectorado.

m.fboo@udc.es

22 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito